O Galo Colorín é un blog educativo creado dende o CEIP Nosa Señora da Piedade e pensado para a etapa de educación infantil. Nel tratarase de amosar algunhas actividades realizadas no centro,así como, xogos interactivos para que os máis pequen@s desfruten aprendendo.
Hoxe, tivemos a visita da mamá de Gabi, que nos sorprendeu co conto de "Amores de gato e rato"; un conto tan bonito que nos mantivo atentos ata o final, para poder saber se o gato zampa ou non o rato.