Chat gratis

17 jun 2015

Cumples do verán!

Antes de rematar o curso, quixemos celebrar os cumples daqueles nen@s que cumplen no verán.
Moitas felicidades para tod@s!!







10 jun 2015

Area nova no cole!

Hoxe cando saímos ó recreo non esperábamos tal SORPRESA!!!

Area novaaaaaaa!!! area novaaaaa berrábamos todos cheos de alegría e con moitas ganas de poder xogar con ela, para facer castelos xigantes e túneles mooooooi longos.







CANCIÓN DOS PLANETAS

LAIKA

A primeira cadela en visitar o espazo.




5 jun 2015

Dia Mundial do Medio Ambiente

Os nenos e nenas de 5 anos quixemos saber como nacen as flores, que coidados precisan para que medren,  como son as súas raices,. . .  e para iso collemos cada un a nosa maceta e plantamos petunias e marigolas. Durante meses estivemos regándoas e vendo como pouco a pouco ian florecendo.

Hoxe 5 de xuño coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente, porfin as levamos para casa!!!

27 may 2015

Felicidades Adrián!

Continúan os cumples, hoxe tócalle a Adrián. Parabéns!


25 may 2015

Teatro na escola.

Hoxe desfrutamos coa posta en escea dunha obra teatral representada por cinco compañeir@s do cole  que asisten á actividade extraescolar  de teatro.



7 may 2015

Educación ambiental

O axente forestal Miguel Agulló achegouse ó centro para ensinarnos a coidar máis os nosos montes.


6 may 2015

Susa Herrera no cole

A prestixiosa pedagoga musical SUSA HERRERA, profesora titular da Universidade de Vigo, asistiu ó noso cole a facernos cantar e bailar o son das súas cancións, todas elas  cheas de ritmo  e moi pegadizas.
 
                    Aquí tedes unha pequena proba do ben que o pasamos!!!



Pitiños na escola!!!

Os nenos e nenas de tres anos estamos aprendendo moitas cousas sobre os pitiños e invitamos á nosa clase ós nosos compañeiros de infantil  para que puidesen ver como nacen os pitiños, grazas a unha incubadora que trouxemos á aula!!!


Mirade que bonitos!!!





4 may 2015

Helena tamén cumple.

O primeiro de maio Helena cumpleu seis anos. Moitas felicidades!

29 abr 2015

Felicidades Lucía!

E seguimos celebrando cumples na clase de 4 anos. Hoxe é o turno de Lucía.
Parabéns!!


28 abr 2015

Parabéns Yaiza!!


Hoxe, 28 de abril, celebramos o cumple de Yaiza. Ya ten 5 anos, a disfrutalos!

23 abr 2015

Día do libro!!!

Os alumnos de 5º e 6º amenizáronnos a tarde con dous pasaxes da obra "Don Quijote de la Mancha" de Miguel de Cervantes, con motivo da celebración do día do libro.
Sacamos fotos no "photocall" que diseñaron os alumnos de 6º de primaria.
 
Mirade que guapos estamos!!!





27 mar 2015

Día de maxia!!!

O Mago Cristian "Magic Magic" fíxonos desfrutar esta mañá cun montón de trucos de maxia que nos deixaron coa boca aberta.