Chat gratis

27 may 2015

Felicidades Adrián!

Continúan os cumples, hoxe tócalle a Adrián. Parabéns!


25 may 2015

Teatro na escola.

Hoxe desfrutamos coa posta en escea dunha obra teatral representada por cinco compañeir@s do cole  que asisten á actividade extraescolar  de teatro.



7 may 2015

Educación ambiental

O axente forestal Miguel Agulló achegouse ó centro para ensinarnos a coidar máis os nosos montes.


6 may 2015

Susa Herrera no cole

A prestixiosa pedagoga musical SUSA HERRERA, profesora titular da Universidade de Vigo, asistiu ó noso cole a facernos cantar e bailar o son das súas cancións, todas elas  cheas de ritmo  e moi pegadizas.
 
                    Aquí tedes unha pequena proba do ben que o pasamos!!!



Pitiños na escola!!!

Os nenos e nenas de tres anos estamos aprendendo moitas cousas sobre os pitiños e invitamos á nosa clase ós nosos compañeiros de infantil  para que puidesen ver como nacen os pitiños, grazas a unha incubadora que trouxemos á aula!!!


Mirade que bonitos!!!





4 may 2015

Helena tamén cumple.

O primeiro de maio Helena cumpleu seis anos. Moitas felicidades!