Chat gratis

26 nov 2014

CANDO MARTIÑO TIVO GANAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS.

          Que ben nolo pasamos na tarde de onte cos papás e a irmá de África!!! Os tres viñeron a contarnos o conto de "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis". Foi unha tarde chea de sorpresas e emocións, porque os Reis  Magos  esconderon na nosa clase o tren que Martiño lle pedira  e tivemos que buscalo por toda a aula ata atopalo; cando por fin demos con el .... SORPRESA!!!  traia agasallos.
          Marchamos moi contentos para a casa con todo o que os "Tres Reis" que viñeron a nosa clase nos trouxeron. Moitas grazas.





























Se quedastes con ganas de saber o que lle pasou a Martiño a noite de reis, mirade o conto...



20 nov 2014

AMORES DE RATO E GATO.

Hoxe, tivemos a visita da mamá de Gabi, que nos sorprendeu co conto de "Amores de gato e rato";  un conto tan bonito que nos mantivo atentos ata o final, para poder saber se o gato zampa ou non o rato.





19 nov 2014

O COELLIÑO BRANCO

Cristina, a mamá de Xairo deixounos a todos e todas coa boca aberta contándonos o conto do " Coelliño branco". Ademáis  entre todos cantamos con ela a canción da "Saia de Carolina".

Mirade mirade...





Queredes velo? pois miradeo...






11 nov 2014

MAGOSTO 2014

A vaca que puxo un ovo

O pasado venres, Marta e Segio viñeron á nosa aula a contar o conto "A vaca que puxo un ovo"; gustounos tanto que queremos que veñan máis papás, mamás ou persoas da nosa familia  a divertirnos na clase.




Se queredes ver o conto pinchade nel...