Chat gratis

30 ene 2015

DÍA DA PAZ

Os nenos e nenas de educación  infantil celebramos o Día da Paz escoitanto atentamente as fermosas poesías que recitaron os alumnos e alumnas de 6º de primaria e cantando con todos eles a canción de TOC TOC.






Aquí podedes escoitar os poemas e vernos cantar; esperamos que vos guste!!!

26 ene 2015

FELICIDADES ELENA!!


Hoxe, celebramos no cole o cumple de Elena, que onte cumpríu 5 anos. Parabéns!

16 ene 2015

IMOS SAIR NA TELE!!!

Este sábado comeza na televisión de Galicia un programa de humor infantil  que se chama: "E agora que? Criaturiñas en apuros. Os nenos e nenas de cinco anos participamos nun deses programas, polo que, ¡¡¡mamás e papás!!!  estade moi atentos os sábados ás 10:00 da noite a ver cando saimos na tele!!!

Aquí vos deixamos un pequeno adianto do día que o equipo da TVG veu grabar ó cole un anaco de programa,... mirade como o facían...




8 ene 2015

MOITAS FELICIDADES IZAN!


Á volta das vacacións de Nadal, celebramos o cumple de Izan, que xa ten 5 anos.