Chat gratis

15 dic 2014

¿Como é o noso corpo por dentro?

Durante o 1º trimenstre os alumnos de 5 anos estivemos aprendendo moitas cousas sobre o corpo humano e quixemos explicarllas ós noso compañeir@s de 3 anos para que soupesen un pouquiño máis como é o seu corpo por dentro. Mirade que ben o pasaron na nosa aula!!!

O galo canta... a galiña chora...

          Esta vez tocoulle o turno á mamá e ó papá de Alberto que nos viñeron a contar o conto de "Rodribico vai o circo"Gustounos moito descubrir cal era o animal máis fero do mundo, pero tiñamos moitas ganas de saber o que estaba agochado naquela maleta tan grande que traia o papá de Alberto ..... é de súpeto sacou dela  UN ACORDEÓN!!!

¿E sabedes o que fixemos? Cantamos " Mi barba tiene tres pelos"  e bailamos coa canción " O galo canta, a galiña chora..." . Pasámolo tan ben que nos gustaría volver a repetilo outro día. Moitas grazas pola vosa colaboración e as vosas "sorpresas".

Se queredes vernos mirade os vídeos.













            

 O galo canta, 
a galiña chora 
polos pitiños 
que dormen fóra...

       

Mi barba tiene tres pelos,
tres pelos tiene mi barba,
si no tuviera tres pelos
ya no sería una barba.


8 dic 2014

Papás contacontos

Siguen achegándose ás aulas ás familias para contarnos contos. Hoxe o papá de Marta encandilounos coa fábula "Rato e León" .  ( Pinchade aquí se queredes recordala)






26 nov 2014

CANDO MARTIÑO TIVO GANAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS.

          Que ben nolo pasamos na tarde de onte cos papás e a irmá de África!!! Os tres viñeron a contarnos o conto de "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis". Foi unha tarde chea de sorpresas e emocións, porque os Reis  Magos  esconderon na nosa clase o tren que Martiño lle pedira  e tivemos que buscalo por toda a aula ata atopalo; cando por fin demos con el .... SORPRESA!!!  traia agasallos.
          Marchamos moi contentos para a casa con todo o que os "Tres Reis" que viñeron a nosa clase nos trouxeron. Moitas grazas.





























Se quedastes con ganas de saber o que lle pasou a Martiño a noite de reis, mirade o conto...



20 nov 2014

AMORES DE RATO E GATO.

Hoxe, tivemos a visita da mamá de Gabi, que nos sorprendeu co conto de "Amores de gato e rato";  un conto tan bonito que nos mantivo atentos ata o final, para poder saber se o gato zampa ou non o rato.





19 nov 2014

O COELLIÑO BRANCO

Cristina, a mamá de Xairo deixounos a todos e todas coa boca aberta contándonos o conto do " Coelliño branco". Ademáis  entre todos cantamos con ela a canción da "Saia de Carolina".

Mirade mirade...





Queredes velo? pois miradeo...