Chat gratis

21 ene 2014

ESTOMBALLADA NA VEIGHA.

                                                Estomballada, estomballada, 
                                                     estomballada na veigha, 
                                                 estomballada estomballada 
                                                   a leira pra quen a queira...

 Ó ritmo desta canción bailamos os alumn@s de 5 anos vestidos para a ocasión cos nosos traxes de faena...esperamos que vos gustara.



A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA.

¿Fostes vós os que me fixestes esto na cabeza? preguntaba a toupiña unha e outra vez a cada animal que atopaba no seu camiño...
Deste xeito representamos a obra de teatro os alumnos de 4 anos, na que nos disfrazamos de diferentes animales, vacas, porcos, pombas, lebres,... e ata vimos a Papá Nöel.
                                             ¡ Pasámolo moi ben !

MIRADE QUE GUAPOS ESTAMOS!!!

Os alumn@s de 3 anos cantamos a panxoliña "Rodolfo el Reno" no festival de Nadal que celebramos no noso cole, MIRADE QUE GUAPOS ESTAMOS!!!

VISITA DOS REIS MAGOS.


CONTACONTOS

O NADAL NO COLE

9 dic 2013

Moitas felicidades !!!!

¿QUEN CUMPRIU ANOS EN NOVEMBRO?

Os nosos compañeiros estiveron de cumpre o pasado mes de novembro, Lois cumpriu catro aniños e Daniela tres, xa son         "moi maiores"!!!! Parabéns ós dous.


14 nov 2013

AS NOSAS ESPIGAS DECORADAS!!!

Grazas a colaboración das familias dos alumn@s do CEIP NOSA SEÑORA DA PIEDADE, podemos amosarvos este vídeo musicado coas bonecas decoradas a partires dunha espiga de millo! Esperamos que vos guste!

12 nov 2013

O MAGOSTO

Ñam ñam ñam...despois de xogar un anaco coas colchonetas, os bolos, facer torres enormes cos carolos do millo, comimos castañas, que ainda que nos tisnaron todas as máns, ¡que boas estaban!!!!

ESTIVEMOS DE CUMPLE!!!!