O Galo Colorín é un blog educativo creado dende o CEIP Nosa Señora da Piedade e pensado para a etapa de educación infantil. Nel tratarase de amosar algunhas actividades realizadas no centro,así como, xogos interactivos para que os máis pequen@s desfruten aprendendo.
Con motivo da celebración do DIA DO LIBRO achegouse ó noso cole un contacontos que nos engaiolou a tod@s coas súas historias do "Home do Saco".
Os nenos e nenas de 6º curso de primaria tamén nos contaron catro contos moi bonitos:
* Xanciño, o Oso
* O galo Kirico
* O piollo e a pulga
* Unha vella tiña un can.
¿Fostes vós os que me fixestes esto na cabeza? preguntaba a toupiña unha e outra vez a cada animal que atopaba no seu camiño...
Deste xeito representamos a obra de teatro os alumnos de 4 anos, na que nos disfrazamos de diferentes animales, vacas, porcos, pombas, lebres,... e ata vimos a Papá Nöel. ¡ Pasámolo moi ben !
Os nosos compañeiros estiveron de cumpre o pasado mes de novembro, Lois cumpriu catro aniños e Daniela tres, xa son "moi maiores"!!!! Parabéns ós dous.