3 dic 2014
26 nov 2014
CANDO MARTIÑO TIVO GANAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS.
Que ben nolo pasamos na tarde de onte cos papás e a irmá de África!!! Os tres viñeron a contarnos o conto de "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis". Foi unha tarde chea de sorpresas e emocións, porque os Reis Magos esconderon na nosa clase o tren que Martiño lle pedira e tivemos que buscalo por toda a aula ata atopalo; cando por fin demos con el .... SORPRESA!!! traia agasallos.
Marchamos moi contentos para a casa con todo o que os "Tres Reis" que viñeron a nosa clase nos trouxeron. Moitas grazas.
Se quedastes con ganas de saber o que lle pasou a Martiño a noite de reis, mirade o conto...
25 nov 2014
20 nov 2014
AMORES DE RATO E GATO.
Hoxe, tivemos a visita da mamá de Gabi, que nos sorprendeu co conto de "Amores de gato e rato"; un conto tan bonito que nos mantivo atentos ata o final, para poder saber se o gato zampa ou non o rato.
19 nov 2014
O COELLIÑO BRANCO
Cristina, a mamá de Xairo deixounos a todos e todas coa boca aberta contándonos o conto do " Coelliño branco". Ademáis entre todos cantamos con ela a canción da "Saia de Carolina".
Mirade mirade...
Mirade mirade...
Queredes velo? pois miradeo...
18 nov 2014
13 nov 2014
11 nov 2014
A vaca que puxo un ovo
O pasado venres, Marta e Segio viñeron á nosa aula a contar o conto "A vaca que puxo un ovo"; gustounos tanto que queremos que veñan máis papás, mamás ou persoas da nosa familia a divertirnos na clase.
Se queredes ver o conto pinchade nel...
10 nov 2014
Ana, a mamá de Cintia tamén nos agasallou con un fermoso conto.
5 nov 2014
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






























