Chat gratis

7 may 2015

Educación ambiental

O axente forestal Miguel Agulló achegouse ó centro para ensinarnos a coidar máis os nosos montes.


6 may 2015

Susa Herrera no cole

A prestixiosa pedagoga musical SUSA HERRERA, profesora titular da Universidade de Vigo, asistiu ó noso cole a facernos cantar e bailar o son das súas cancións, todas elas  cheas de ritmo  e moi pegadizas.
 
                    Aquí tedes unha pequena proba do ben que o pasamos!!!



Pitiños na escola!!!

Os nenos e nenas de tres anos estamos aprendendo moitas cousas sobre os pitiños e invitamos á nosa clase ós nosos compañeiros de infantil  para que puidesen ver como nacen os pitiños, grazas a unha incubadora que trouxemos á aula!!!


Mirade que bonitos!!!





4 may 2015

Helena tamén cumple.

O primeiro de maio Helena cumpleu seis anos. Moitas felicidades!

29 abr 2015

Felicidades Lucía!

E seguimos celebrando cumples na clase de 4 anos. Hoxe é o turno de Lucía.
Parabéns!!


28 abr 2015

Parabéns Yaiza!!


Hoxe, 28 de abril, celebramos o cumple de Yaiza. Ya ten 5 anos, a disfrutalos!

23 abr 2015

Día do libro!!!

Os alumnos de 5º e 6º amenizáronnos a tarde con dous pasaxes da obra "Don Quijote de la Mancha" de Miguel de Cervantes, con motivo da celebración do día do libro.
Sacamos fotos no "photocall" que diseñaron os alumnos de 6º de primaria.
 
Mirade que guapos estamos!!!





27 mar 2015

Día de maxia!!!

O Mago Cristian "Magic Magic" fíxonos desfrutar esta mañá cun montón de trucos de maxia que nos deixaron coa boca aberta.

18 mar 2015

Parabéns  CINTIA! Xa tes 6 anos ! 


3 mar 2015

Os gaiteiros no tractor!!!

Antigos alumn@s do centro viñeron hoxe á escola montados nun tractor para amenizarnos a mañá cunhas regueifas e cantigas tradicionais que cantamos todos xúntos. Pasámolo moi ben!!!

2 feb 2015

PARABÉNS LUCÍA C.

Hoxe, celebramos o cumple de Lucía C., que o 31 de xaneiro cumpríu 5 anos.